Novas actividades de formación de Soluciencia
Unha das actividades de Soluciencia céntrase na formación e divulgación de coñecementos a distintos niveis: colexios, empresas, universidades… Unha boa formación é un dos cimentos do desenvolvemento das sociedades e, en consecuencia, da xeración de coñecemento.
Antonio Rodríguez, consultor sénior de Soluciencia foi contratado pola Universidade Isabel I de Castilla como profesor adxunto en Graos e Mestrados.
No Grao de Nutrición Humana e Dietética, desenvolverá as súas funcións na materia Métodos Estatísticos para a Investigación, correspondente ao 2º curso do Grao. O estudante poderá familiarizarse coas técnicas de análise estatística dos resultados da investigación, a análise crítica dos artigos de investigación e o uso de diferentes técnicas estatísticas relevantes no caso da Nutrición Humana e a Dietética.
Por outra banda, no Mestrado en Educación Secundaria, o seu labor docente se inclúese en dúas materias.
- Deseño curricular; o estudante comprende a importancia da implantación de actividades e técnicas formativas e de avaliación adecuadas, o que se plasmará no desenvolvemento de proxectos educativos axeitados con programación e deseño de actividades apropiadas.
Iniciación á Investigación Educativa en Física e Química; o estudante asenta coñecementos en investigación educativa: procedementos de recollida e avaliación de datos, realización de traballos de investigación educativos e familiarización cos procesos relacionados. Ademais, coñecerá os principais recursos en innovación educativa.


Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!