5 de xuño. Día mundial do medio ambiente.

O medio ambiente, o noso entorno. O hábitat no que todo ser vivo desenvolve as súas actividades vitais, o cal supón interaccións co medio físico e cos demais seres vivos. Un equilibrio delicado que, malia a súa importancia, está sento alterado pola actuación do ser humano…

Se ben é coñecido o concepto de desenvolvemento sostible, aquel que garanta as necesidades da poboación actual sen poñer en perigo as necesidades das xeracións futuras, en infinidade de ocasións antepóñense outros criterios, case sempre económicos que, na maioría dos casos, supoñen un dano ambiental grave. Neste senso, nos últimos anos tense falado moito do uso de pesticidas e outros biocidas que provocan efectos negativos noutros organismos, ademais de aqueles para os que están destinados. É o caso das abellas e os efectos devastadores de determinados compostos químicos sobre elas… Pero a consecuencia non é unicamente a diminución do número de individuos e o descenso na produción de mel. As abellas constitúen a especie máis importante na ruta de polinización entomócora, o cal é básico na preservación da biodiversidade e na produtividade das colleitas. A alteración deste equilibrio ecolóxico supón graves riscos, tanto económicos como ambientais.

E, por suposto, moitas outras actividades antropoxénicas supoñen agresións ambientais de importancia fundamental: a deforestación de bosques para a obtención de madeira e pasta de papel, a extensión de cultivo de palma para a obtención de aceite (de consecuencias tamén negativas para a saúde) o uso de determinados compostos químicos en minería e metalurxia, o uso ineficiente de combustibles fósiles e o feito de non substituílos por fontes renovables…

Soluciencia ofrécelles alternativas para a realización de actividades baixo criterios de sostibilidade, sen perder a eficiencia nin a rendibilidade. Mediante a realización de estudos e traballos de investigación, acádanse rutas de actividades solventes, a nivel ecolóxico e económico.

Soluciencia aporta solucións.

Equilibrio natural: fundamental.

Os insectos teñen unha importancia fundamental no mantemento do equilibrio natural

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three × 1 =