A difusión e o intercambio do coñecemento adquirido son fundamentais a la hora de garantir o progreso científico. De feito, recoñécese de maneira universal a importancia que teñen os congresos, conferencias, cursos… á hora de conseguir a expansión do coñecemento científico así como o seu aproveitamento en áreas de traballo parecidas ou máis ou menos distantes.
O debate entre profesionais dun sector coa posta en común de ideas, a difusión de experiencias propias e o contraste coas vividas polos demais membros participantes na discusión, fomenta este aproveitamento útil do coñecemento, non só entre os científicos, senón tamén entre o público asistente ao debate, conferencia…
Polo tanto, han de considerarse como ferramentas básicas de traballo, relacionadas intrinsecamente coa investigación.
Outra forma de aproveitamento do coñecemento científico é o seu uso na elaboración de informes que podan contribuír ao desenvolvemento de determinadas actividades, a súa mellora ou mesmo ao esclarecemento de actividades, en principio, presuntamente delituosas. Os informes periciais son unha ferramenta moi común en determinados procesos e, nalgúns deles, convértense en peza clave.
SOLUCIENCIA ofrece tamén solucións neste senso, como son:
- Elaboración de informes periciais.
- Conferencias, coloquios,…
- Organización de eventos: cursos, congresos, xornadas…



