Nova ISO 14001

Recentemente publicouse a nova versión da Norma ISO 14001. Dita norma certifica os sistemas de xestión ambiental nas empresas; estes sistemas de xestión son unha opción moi válida non só para garantir o respecto ao medio ambiente na súa actividade cotiá; ademais son útiles para mellorar a imaxe da empresa, dado o grao cada vez maior de concienciación da sociedade con respecto ao medio ambiente. Esta tendencia social inflúe no consumidor final e tamén a nivel empresarial; as empresas que implantan estes sistemas de xestión tenden a pedir (ou esixir) aos seus provedores que tamén os implanten e, moito máis, no caso de empresas que opten a licitacións públicas, xa que a Administración Pública promove estas actitudes.

Por outra banda, os sistemas de xestión tamén poden ser enfocados como vehículos para a redución de custes (mellora de eficiencia, redución de consumo, diminución do importe de pólizas de seguros…).

Soluciencia ofrece os seguintes servizos:

  • Implantación de sistemas de xestión segundo criterios de la Norma ISO 14001
  • Auditorías ambientais
  • Formación

    Soluciencia: ISO 14001

    ISO 14001: vantaxes da súa implantación nas empresas

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

3 × four =