A crecente concienciación social sobre cuestións medioambientais (cambio climático, efecto invernadoiro, capa de ozono, chuvia ácida) fai que as empresas inclúan, cada vez máis, criterios de protección e respecto ao medio ambiente na súa actividade cotiá. Un dos principais efectos desta demanda social é a esixencia crecente de consideracións ecolóxicas na licitación de obra pública; á súa vez, as empresas que acceden a tales licitacións, implantan ditas demandas nos seus convenios con filiais, subcontratas… o cal fai que a xestión ambiental sexa unha cuestión de importancia crecente para a realización da actividade empresarial.

Nos últimos anos, desastres ecolóxicos como a catástrofe do Prestige, o accidente de Aznalcóllar, a incesante praga de incendios forestais, desastres derivados do cambio climático… fomentaron el aumento desta conciencia social e das esixencias, tanto de intermediarios como do consumidor final.

Ademais do beneficio xeral do respecto ao medio ambiente, unha axeitada xestión ambiental nas empresas fai que se reduza considerablemente o risco de accidentes, coa conseguinte redución nas pólizas de seguros, tanto medioambientais como de riscos laborais, xa que, en moitas ocasións, ambos aspectos camiñan da man. Dado que a implantación dun sistema de xestión esixe a formación dos traballadores, está claro que os riscos, nun campo e no outro, se ven reducidos dada a adquisición de coñecemento por parte dos empregados.

Non hai que esquecer en este punto o concepto I+D; mediante a investigación e desenvolvemento pódese obter unha mellora nos aspectos ambientais relacionados coa actividade da empresa: implantación de procesos menos contaminantes (coa conseguinte redución de gastos), melloras de proceso orientadas a unha maior eficiencia, é dicir, manter a produtividade reducindo o consumo de enerxía, o cal, á súa vez, repercute nun descenso de tarifas de gas, electricidade…

SOLUCIENCIA aporta solucións nos seguintes ámbitos:

  • Implantación de sistemas de xestión ambiental (ISO 14001, EMAS).
  • Realización de auditorías ambientais.
  • Estudos de impacto ambiental.
  • Xestión axeitada de residuos.
  • Licencias, subvencións, axudas…
  • Formación.
O uso inadecuado de biocidas provocou unha alta mortalidade nas abellas
Os parques urbanos contribúen a mellorar a calidade do aire nas cidades
As técnicas de produción ecolóxica melloran a interacción co entorno