A sociedade do coñecemento fai da investigación un concepto clave para a evolución crecente da actividade empresarial. A procura de novos produtos ou procesos ou a mellora dos xa implantados en canto a eficiencia e/ou calidade conforman unhas liñas de actuación básicas se o que se pretende é acadar e manter posicións vangardistas no tecido empresarial.

Tanto as esixencias legais como as novas necesidades dos consumidores do noso produto, son variables que hai que ter en conta á hora de planificar e xestionar rutas orientadas á conquista de tales posicións. Exemplos destas actuacións podemos atopalas na industria alimentaria (mellora de procesos, mantendo a calidade de produto e minimizando riscos), químico-farmacéutica (novos medicamentos, novas vías de actuación), bens de equipo (novas aliaxes, novos mecanismos) e, do mesmo xeito, en todos os sectores produtivos. Como se ve, a palabra “novo” é una constante; é aí onde a investigación (o primeiro I) impón o seu dominio para a xeración de novo coñecemento, nunha primeira fase.

A continuación, unha segunda fase, o Desenvolvemento; unha vez acadados os coñecementos, trátase da súa aplicación ao proceso que queremos mellorar ou implantar; analizar las mellores rutas de actuación, comprobar diferentes parámetros económicos e científicos, ata obter a mellor forma de actualizar a nosa actividade ou implantar novos fitos; a suma dos dous puntos anteriores, Investigación e Desenvolvemento (I+D) aporta pulo á crecenza industrial: certificación de patentes (de produto ou proceso), publicidade dos logros acadados, desgravación no Imposto de Sociedades… Todos eles aspectos nada desprezables.

Por último, hai que mencionar a innovación; neste caso, a aplicación de coñecementos xa previamente adquiridos, co fin de implantar as melloras en canto a calidade, eficiencia…

SOLUCIENCIA ofrece solucións en:

  • Deseño e xestión de proxectos.
  • Fiscalidade da I+D+i.
  • Financiamento de proxectos.
  • Laboratorios: ISO 17025.
  • Mellora de procesos.
  • Desenvolvemento de novos produtos e/ou procesos.
  • Formación.
Montaxe de laboratorio para un ensaio químico
Matraces con disolucións listas para ensaios
Un rotavapor permite unha eliminación rápida e sinxela dos disolventes