Formación: Análise Bioquímica.
Entre as tarefas coas que Soluciencia contribúe á actividade cotiá de empresas e institucións atópanse as actividades formativas.
Nos pasados meses, Soluciencia elaborou o temario do módulo Análise Bioquímica do ciclo Técnico en Laboratorio Clínico e Biomédico, impartido por Campus Training. Este temario deu lugar á publicación dun libro (ISBN: 978-84-17246-76-1).
A formación é unha cuestión clave á hora de mellorar as posibilidades de desenvolvemento e promoción profesional; Soluciencia é consciente diso e aporta a súa colaboración neste eido coa fin de contribuír a un mellor nivel formativo de profesionais de diferentes áreas.
Unha vez máis, desde Soluciencia, aportando solucións.

A información da análise bioquímica é crucial no diagnóstico de diferentes patoloxías

Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!