Soluciencia: solucións.

Soluciencia continúa axudando a empresas e institucións en áreas clave para acadar unha boa posición no mercado. Así, aporta solucións nos seguintes ámbitos:

  • Deseño de procesos: novas actividades, novas necesidades de produción…
  • Investigación: desenvolvemento de procesos, mellora de procesos implantados.
  • Prevención de riscos laborais: seguridade, hixiene, ergonomía.
  • Xestión ambiental: sistemas de xestión, estudos de impacto, lexislación.
  • Realización de informes periciais, comunicación de resultados…
  • Actividades de turismo ecolóxico.
  • Formación: o coñecemento como peza clave da mellora da competitividade.

Soluciencia, un apoio seguro.

Áreas de actuación de Soluciencia: investigación, prevención de riscos, xestión ambiental, formación.

Soluciencia aporta solucións no eido da investigación, xestión ambiental, prevención de riscos e formación.

Formación: Análise Bioquímica.

Entre as tarefas coas que Soluciencia contribúe á actividade cotiá de empresas e institucións atópanse as actividades formativas.

Nos pasados meses, Soluciencia elaborou o temario do módulo Análise Bioquímica do ciclo Técnico en Laboratorio Clínico e Biomédico, impartido por Campus Training. Este temario deu lugar á publicación dun libro (ISBN: 978-84-17246-76-1).

A formación é unha cuestión clave á hora de mellorar as posibilidades de desenvolvemento e promoción profesional; Soluciencia é consciente diso e aporta a súa colaboración neste eido coa fin de contribuír a un mellor nivel formativo de profesionais de diferentes áreas.

Unha vez máis, desde Soluciencia, aportando solucións.

Análise bioquímica: ferramenta de diagnóstico e seguimento.

A información da análise bioquímica é crucial no diagnóstico de diferentes patoloxías

5 de xuño. Día mundial do medio ambiente.

O medio ambiente, o noso entorno. O hábitat no que todo ser vivo desenvolve as súas actividades vitais, o cal supón interaccións co medio físico e cos demais seres vivos. Un equilibrio delicado que, malia a súa importancia, está sento alterado pola actuación do ser humano…

Se ben é coñecido o concepto de desenvolvemento sostible, aquel que garanta as necesidades da poboación actual sen poñer en perigo as necesidades das xeracións futuras, en infinidade de ocasións antepóñense outros criterios, case sempre económicos que, na maioría dos casos, supoñen un dano ambiental grave. Neste senso, nos últimos anos tense falado moito do uso de pesticidas e outros biocidas que provocan efectos negativos noutros organismos, ademais de aqueles para os que están destinados. É o caso das abellas e os efectos devastadores de determinados compostos químicos sobre elas… Pero a consecuencia non é unicamente a diminución do número de individuos e o descenso na produción de mel. As abellas constitúen a especie máis importante na ruta de polinización entomócora, o cal é básico na preservación da biodiversidade e na produtividade das colleitas. A alteración deste equilibrio ecolóxico supón graves riscos, tanto económicos como ambientais.

E, por suposto, moitas outras actividades antropoxénicas supoñen agresións ambientais de importancia fundamental: a deforestación de bosques para a obtención de madeira e pasta de papel, a extensión de cultivo de palma para a obtención de aceite (de consecuencias tamén negativas para a saúde) o uso de determinados compostos químicos en minería e metalurxia, o uso ineficiente de combustibles fósiles e o feito de non substituílos por fontes renovables…

Soluciencia ofrécelles alternativas para a realización de actividades baixo criterios de sostibilidade, sen perder a eficiencia nin a rendibilidade. Mediante a realización de estudos e traballos de investigación, acádanse rutas de actividades solventes, a nivel ecolóxico e económico.

Soluciencia aporta solucións.

Equilibrio natural: fundamental.

Os insectos teñen unha importancia fundamental no mantemento do equilibrio natural

Formación, clave de futuro.

A formación é un dos pilares da actividade de Soluciencia. A adquisición de coñecementos e a súa aplicación é fundamental no mundo de hoxe, onde a preparación do traballador xoga un papel clave á hora de atopar un traballo e mantelo realizando de forma axeitada as tarefas asociadas.

Dentro da súa actividade formadora, Soluciencia elaborou o temario da materia Análise Bioquímica, para o ciclo de Técnico Superior de Laboratorio Clínico e Biomédico, que imparte Campus Training, centro caracterizado polo alto nivel da súa formación. Unha materia centrada nas determinacións de diferentes parámetros biolóxicos relacionados con variadas patoloxías, de forma que se poida obter información veraz, dende a toma de mostra ata a interpretación dos resultados.

Soluciencia, unha vez máis, aportando solucións.

Soluciencia ha elaborado el temario de Análisis Bioquímico

El análisis bioquímico es la herramienta básica en el diagnóstico de patologías de muy diferente índole

Soluciencia: Formación. Temario para un Master en Seguridade Alimentaria.

Unha das áreas de traballo de Soluciencia é a Formación, aplicada a diferentes ámbitos. Recentemente, Soluciencia participo una elaboración do temario incluído nun Máster en Seguridade Alimentaria; concretamente, o conxunto de unidades didácticas da materia Procesos fisicoquímicos relacionados coa alimentación.

Trátase dun curso desenvolvido por Campus Training, un centro de formación aberta de alta calidade especializado na inserción laboral dos seus alumnos.

Unha vez máis, Soluciencia aporta solucións.

Procesos fisicoquímicos relacionados con los alimentos

Master en Seguridad Alimentaria