Soluciencia continúa axudando a empresas e institucións en áreas clave para acadar unha boa posición no mercado. Así, aporta solucións nos seguintes ámbitos:
Deseño de procesos: novas actividades, novas necesidades de produción…
Investigación: desenvolvemento de procesos, mellora de procesos implantados.
Prevención de riscos laborais: seguridade, hixiene, ergonomía.
Xestión ambiental: sistemas de xestión, estudos de impacto, lexislación.
Realización de informes periciais, comunicación de resultados…
Actividades de turismo ecolóxico.
Formación: o coñecemento como peza clave da mellora da competitividade.
Soluciencia, un apoio seguro.
Soluciencia aporta solucións no eido da investigación, xestión ambiental, prevención de riscos e formación.
http://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gif00Antonio Manuel Rodríguez Castrohttp://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gifAntonio Manuel Rodríguez Castro2018-08-09 08:42:442018-08-09 08:42:44Soluciencia: solucións.
Entre as tarefas coas que Soluciencia contribúe á actividade cotiá de empresas e institucións atópanse as actividades formativas.
Nos pasados meses, Soluciencia elaborou o temario do módulo Análise Bioquímica do ciclo Técnico en Laboratorio Clínico e Biomédico, impartido por Campus Training. Este temario deu lugar á publicación dun libro (ISBN: 978-84-17246-76-1).
A formación é unha cuestión clave á hora de mellorar as posibilidades de desenvolvemento e promoción profesional; Soluciencia é consciente diso e aporta a súa colaboración neste eido coa fin de contribuír a un mellor nivel formativo de profesionais de diferentes áreas.
Unha vez máis, desde Soluciencia, aportando solucións.
A información da análise bioquímica é crucial no diagnóstico de diferentes patoloxías
http://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gif00Antonio Manuel Rodríguez Castrohttp://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gifAntonio Manuel Rodríguez Castro2018-06-11 08:58:332018-06-11 08:58:33Formación: Análise Bioquímica.
O medio ambiente, o noso entorno. O hábitat no que todo ser vivo desenvolve as súas actividades vitais, o cal supón interaccións co medio físico e cos demais seres vivos. Un equilibrio delicado que, malia a súa importancia, está sento alterado pola actuación do ser humano…
Se ben é coñecido o concepto de desenvolvemento sostible, aquel que garanta as necesidades da poboación actual sen poñer en perigo as necesidades das xeracións futuras, en infinidade de ocasións antepóñense outros criterios, case sempre económicos que, na maioría dos casos, supoñen un dano ambiental grave. Neste senso, nos últimos anos tense falado moito do uso de pesticidas e outros biocidas que provocan efectos negativos noutros organismos, ademais de aqueles para os que están destinados. É o caso das abellas e os efectos devastadores de determinados compostos químicos sobre elas… Pero a consecuencia non é unicamente a diminución do número de individuos e o descenso na produción de mel. As abellas constitúen a especie máis importante na ruta de polinización entomócora, o cal é básico na preservación da biodiversidade e na produtividade das colleitas. A alteración deste equilibrio ecolóxico supón graves riscos, tanto económicos como ambientais.
E, por suposto, moitas outras actividades antropoxénicas supoñen agresións ambientais de importancia fundamental: a deforestación de bosques para a obtención de madeira e pasta de papel, a extensión de cultivo de palma para a obtención de aceite (de consecuencias tamén negativas para a saúde) o uso de determinados compostos químicos en minería e metalurxia, o uso ineficiente de combustibles fósiles e o feito de non substituílos por fontes renovables…
Soluciencia ofrécelles alternativas para a realización de actividades baixo criterios de sostibilidade, sen perder a eficiencia nin a rendibilidade. Mediante a realización de estudos e traballos de investigación, acádanse rutas de actividades solventes, a nivel ecolóxico e económico.
Soluciencia aporta solucións.
Os insectos teñen unha importancia fundamental no mantemento do equilibrio natural
http://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gif00Antonio Manuel Rodríguez Castrohttp://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gifAntonio Manuel Rodríguez Castro2018-05-29 15:24:162018-05-29 15:24:165 de xuño. Día mundial do medio ambiente.
A formación é un dos pilares da actividade de Soluciencia. A adquisición de coñecementos e a súa aplicación é fundamental no mundo de hoxe, onde a preparación do traballador xoga un papel clave á hora de atopar un traballo e mantelo realizando de forma axeitada as tarefas asociadas.
Dentro da súa actividade formadora, Soluciencia elaborou o temario da materia Análise Bioquímica, para o ciclo de Técnico Superior de Laboratorio Clínico e Biomédico, que imparte Campus Training, centro caracterizado polo alto nivel da súa formación. Unha materia centrada nas determinacións de diferentes parámetros biolóxicos relacionados con variadas patoloxías, de forma que se poida obter información veraz, dende a toma de mostra ata a interpretación dos resultados.
Soluciencia, unha vez máis, aportando solucións.
El análisis bioquímico es la herramienta básica en el diagnóstico de patologías de muy diferente índole
http://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gif00Antonio Manuel Rodríguez Castrohttp://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gifAntonio Manuel Rodríguez Castro2017-12-19 14:30:482017-12-19 14:30:48Formación, clave de futuro.
Unha das áreas de traballo de Soluciencia é a Formación, aplicada a diferentes ámbitos. Recentemente, Soluciencia participo una elaboración do temario incluído nun Máster en Seguridade Alimentaria; concretamente, o conxunto de unidades didácticas da materia Procesos fisicoquímicos relacionados coa alimentación.
Trátase dun curso desenvolvido por Campus Training, un centro de formación aberta de alta calidade especializado na inserción laboral dos seus alumnos.
Unha vez máis, Soluciencia aporta solucións.
Master en Seguridad Alimentaria
http://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gif00Antonio Manuel Rodríguez Castrohttp://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gifAntonio Manuel Rodríguez Castro2017-10-24 10:55:422017-10-27 10:01:03Soluciencia: Formación. Temario para un Master en Seguridade Alimentaria.
Este título está dirixido a investigadores, docentes, técnicos ambientais e aqueles traballadores freelance interesados en orientar a súa práctica profesional cara a esta materia. Trátase dunha colaboración entre a Universidade Isabel I de Castilla e Soluciencia.
Tamén poderán acceder aqueles estudantes que obtiveran o seu grao no estranxeiro, se este equivale a algún título oficial español e se acreditan, ademais, como mínimo, un nivel B1 en castelán.
Os obxectivos básicos deste curso céntranse na xestión ambiental, enfocada dende o punto de vista científico, económico e lexislativo. Trátase de que os alumnos sexan capaces de:
Coñecer a orixe da contaminación ambiental e procesos que se orixinan a continuación.
Coñecer as consecuencias de diferentes actividades antropoxénicas sobre o medio ambiente.
Coñecer as principais disposicións legais a nivel español e europeo en materia de lexislación ambiental.
Comunicar a necesidade de establecer melloras ambientais nos procesos produtivos.
Transmitir coñecementos no ámbito da xestión ambiental.
Aportar solucións para a redución/eliminación de impactos ambientais na produción industrial.
Curso en Xestión Ambiental. Universidad Isabel I de Castilla e Soluciencia.
Protexer o medio ambiente é unha cuestión de todos porque todos nos beneficiamos dun entorno saudable.
Agardámosvos.
http://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gif00Antonio Manuel Rodríguez Castrohttp://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gifAntonio Manuel Rodríguez Castro2017-07-12 18:17:482017-07-12 18:17:48Posgrao en Xestión ambiental
Defínese a Biosfera como o conxunto de seres vivos e os medios nos que se desenvolve a súa actividade vital. Polo tanto, establécense interaccións tanto entre os organismos coma co entorno… Non hai que esquecer que a especie humana é unha máis das que constitúen a Biosfera e, xa que logo, a interacción que mantén co medio ambiente vai ter influencia, tanto sobre o entorno como sobre os organismos vivos, o que inclúe tamén, por suposto, ao xénero humano…
A interacción co medio natural ten consecuencias inmediatas e que permanecen no tempo e, moitas veces, a longa distancia. Lembremos que os xeos de Groenlandia conteñen restos de pesticidas que se usan a miles de kilómetros do xeo artico. Logo, imponse a necesidade do respecto ao medio ambiente, dado que o seu alarmante deterioro está causando graves problemas: cambio climático, acumulación de residuos, esgotamento de recursos… que, ademais das consecuencias sobre os medios físicos e biolóxicos, tamén repercute sobre a economía: encarecemento de materias primas, custes de xestión ambiental, incremento do gasto sanitario e outras moitas consecuencias de natureza moi variada.
SOLUCIENCIA trata de contribuír a reducir a interacción da actividade empresarial co entorno mediante a realización de estudos de minimización de impacto, investigación sobre liñas de melloras do comportamento ambiental, formación e prevención da contaminación, produción ecolóxica…
No Dia Mundial do Medio Ambiente, SOLUCIENCIA únese ás demandas de protección do entorno… Por todo e por todos…
Vista da ría de Noia dende a praia da Arnela (Porto do Son, A Coruña)
http://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gif00Antonio Manuel Rodríguez Castrohttp://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gifAntonio Manuel Rodríguez Castro2017-06-05 10:47:322017-06-05 10:47:32Día Mundial do Medio Ambiente
O 70% do planeta Terra é auga; sen embargo, é un recurso moi escaso. A cantidade de auga dispoñible para uso directo é mínima; a maior parte dela está nos océanos e mares e a súa salinidade no permite o seu uso directo. Outra gran cantidade da auga presente no planeta forma parte dos casquetes polares e os glaciares, polo que tampouco é posible un aproveitamento en primeira instancia. Tendo en conta estes feitos, unicamente dispoñemos dun 0,5 % da auga (superficial ou subterránea) para poder utilizala sen ningún outro paso intermedio. Isto debería darnos unha idea da importancia de coidar este recurso e esforzarnos en diferentes ámbitos:
Consumo responsable: aproveitamento máximo do recurso, recirculación de augas.
Prevención de la contaminación: tratamentos adecuados de augas residuais, evitar a contaminación do medio natural (que tarde ou cedo accede ao medio acuoso).
É esencial, polo tanto, a adquisición dunha conciencia social sobre a importancia deste recurso natural e a súa fraxilidade.
Soluciencia ofrece a posibilidade de realizar estudos para optimizar o seu consumo en actividades de diferentes áreas (industrias, servizos…) a implantación de tratamentos depurativos adecuados e a procura de alternativas que melloren ditos tratamentos. Tamén desenvolve actividades formativas que promoven un uso adecuado deste recurso: formación en centros de educación, empresas, entidades sen ánimo de lucro, asociacións…
Soluciencia; solucións.
O río Tambre ao seu paso polo concello de Trazo, preto de Santiago de Compostela.
http://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gif00Antonio Manuel Rodríguez Castrohttp://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gifAntonio Manuel Rodríguez Castro2017-03-22 10:24:592017-03-22 10:24:59Día mundial da auga
A xestión dos residuos supón unha tarefa de vital importancia de cara a manter un medio ambiente en condicións saudables, algo que repercute sobre todos nós.
Esta xestión, ademais de minimizar o impacto ambiental dos residuos, debe enfocarse cara a un procedemento de tratamento que permita un aproveitamento dos residuos (reciclaxe) e que non supoña un consumo excesivo de recursos naturais.
As pilas son uns potencias axentes contaminantes de gran capacidade lesiva sobre o medio ambiente.
Polo tanto, imponse a necesidade de investigar para mellorar os tratamentos existentes e desenvolver novos procesos pensando en residuos que actualmente non se xestionan ou en novos residuos que aparecerán como consecuencia das novas necesidades produtivas e de consumo.
Soluciencia investiga, procurando melloras nos procesos existentes e desenvolvendo novos procesos de cara a obter liñas de tratamento eficientes, económicas e saudables.
Actualmente, Soluciencia dirixe un proceso para optimizar a xestión de catro liñas de residuos perigosos.
Soluciencia é investigación e eficiencia.
http://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gif00Antonio Manuel Rodríguez Castrohttp://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gifAntonio Manuel Rodríguez Castro2017-02-04 19:04:022017-02-04 19:04:02Residuos: xestión e eficiencia.
Soluciencia deséxalles aos seus clientes e amigos un Bo Nadal e un próspero ano novo.
http://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gif00Antonio Manuel Rodríguez Castrohttp://www.soluciencia.com/wp-content/uploads/2014/07/Logo_Benzoxazol2.gifAntonio Manuel Rodríguez Castro2016-12-18 08:32:472016-12-18 08:32:47Boas Festas!!!
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web.
Se continúas nevegando consideraremos que aceptas o seu uso. Podes obter más información sobre a nosa Política de Cookies e Privacidade.Aceptar
Política de Privacidade e Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.