A Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e as súas sucesivas modificacións constitúen a normativa legal básica nesta materia en España. Dita lei naceu co fin de promover a mellora das condicións de traballo e así elevar o nivel de protección da seguridade e a saúde dos traballadores no traballo.
Obviamente, do anterior pódese deducir que o concepto Prevención é moi amplo e o seu enfoque ha de facerse dende diferentes puntos de vista.
En primeiro lugar hai que falar da Seguridade no Traballo; trátase da técnica non médica cuxa finalidade se centra na loita contra os accidentes de traballo, evitando e controlando as súas consecuencias. Dende esta definición xorden dous conceptos asociados: Prevención (actuación sobre as causas orixinais dos accidentes) e Protección (actuación sobre os equipos de traballo ou directamente sobre as persoas expostas a un determinado risco).
O segundo concepto a ter en conta é a Hixiene do Traballo; trátase do conxunto de coñecementos científicos e tecnolóxicos aplicados ao
a) Estudo, recoñecemento e avaliación das sustancias e factores ambientais derivados do traballo, que poden incidir negativamente na saúde dos traballadores.
b) Control dos factores ambientais e o deseño de medios preventivos para evitar enfermidades e/ou molestias derivadas dos riscos anteriormente mencionadas.
En terceiro lugar hai que falar da Ergonomía; trátase da aplicación conxunta de ciencias biolóxicas e da enxeñaría para asegurar entre o traballador e o traballo unha adaptación mutua buscando incrementar o rendemento do traballador e contribuír ao seu benestar.
Ademais da lexislación vixente, existe una instrución (OHSAS 18001) cuxa implantación permite ás empresas unha boa xestión en materia de prevención de riscos laborais; tal xestión aporta beneficios importantes: menor grao de absentismo, maior produtividade (traballar con riscos mínimos e en condicións axeitadas), menores custes nas pólizas de seguros, ambientes de traballo optimizados…
SOLUCIENCIA ofrece solucións nos tres ámbitos mencionados:
- Estimación de Riscos.
- Redución de Factores de Risco.
- Xestión da Prevención de Riscos Laborais (OHSAS 18001).
- Formación.