SOLUCIENCIA: Traballos Fin de Mestrado.

A Educación é a base do crecemento cultural e científico dunha sociedade; unha boa formación dos estudantes garante o progreso, o benestar social, os avances en Ciencia, o desenvolvemento cultural… Toda unha serie de parámetros que constitúen a esencia da convivencia e o funcionamento dun país, as súas institucións e, en definitiva, a sociedade que o define. Polo tanto, o profesorado nas etapas iniciais e medias do proceso educativo exerce un labor crucial á hora de potenciar o desenvolvemento de coñecementos, aptitudes, responsabilidades e actitudes dos ciudadáns.

A transmisión de coñecementos e o desenvolvemento de capacidades que convertan aos  alumnos de hoxe en cidadáns produtivos de mañá require unhas boas capacidades de formación por parte dos profesores. Así, a Universidade Isabel I de Castilla, con sede en Burgos, inclúe na súa oferta formativa o Mestrado en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.

Antonio Rodríguez, consultor sénior de Soluciencia, dirixiu 10 traballos fin de mestrado na especialidade de Física e Química; así, supervisou traballos que incluían o desenvolvemento de Programacións Didácticas ou a proposta de Boas Prácticas para a impartición de tales materias; trátase de desenvolver propostas metodolóxicas e curriculares adaptadas aos tempos que veñen, que convertan ao alumno no impulsor da súa propia aprendizaxe e que promovan a adquisición de competencias que vaian máis alá da memorización de conceptos.

Soluciencia forma. Soluciencia cumpre.

Dirección de Traballos Fin de Mestrado para a Universidade Isabel I.

Soluciencia-Universidade Isabel I

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

11 + 13 =