Sin categoría

Certificado de profesionalidade: Xestión Ambiental.

A sociedade amosa un interese crecente no respecto ao medio ambiente, o que se manifesta en determinadas esixencias, tanto ás empresas fabricantes dos produtos que consomen coma aos lexisladores. Así, temos o exemplo de diferentes tratados internacionais e lexislación derivada cuxas orixes se sitúan nos cambios de hábitos de consumo relacionados con parámetros ambientais.

En consecuencia, as empresas teñen en consideración a interacción ambiental dos seus produtos á hora da súa fabricación, uso e posterior xestión ao final da súa vida útil. Ademais desta perspectiva baseada no mantemento e evolución da súa actividade económica, vese reforzada pola promulgación de novas disposicións legais en materia de medio ambiente.

Polo tanto, a xestión ambiental pasou a ser unha parte máis da xestión da empresa, en cuxo seo debe incluírse e non formar parte dunha actividade illada, xa que toda actividade relacionada coa empresa ten, dunha ou outra maneira, repercusións ambientais.

Queda claro, xa que logo, que é necesaria a intervención de profesionais coa formación axeitada para implantar e manter unha correcta xestión ambiental e, por suposto, esta actividade pasa a ser unha posible oportunidade de traballo.

Soluciencia, con ampla experiencia en xestión ambiental e no deseño de actividades formativas, ofrece actividades que garanten unha correcta formación neste eido, ademais de aumentar as posibilidades de emprego.

Soluciencia imparte un curso de Xestión Ambiental en Cangas do Morrazo.

Xestión Ambiental. Cangas do Morrazo.

Curso: Experto en Xestión Ambiental.

Este título está dirixido a investigadores, docentes, técnicos ambientais e aqueles traballadores freelance interesados en orientar a súa práctica profesional cara a esta materia. Trátase dunha colaboración entre a Universidade Isabel I de Castilla e Soluciencia.

Tamén poderán acceder aqueles estudantes que obtiveran o seu grao no estranxeiro, se este equivale a algún título oficial español e se acreditan, ademais, como mínimo, un nivel B1 en castelán.

Os obxectivos básicos deste curso céntranse na xestión ambiental, enfocada dende o punto de vista científico, económico e lexislativo. Trátase de que os alumnos sexan capaces de:

  • Coñecer a orixe da contaminación ambiental e procesos que se orixinan a continuación.
  • Coñecer as consecuencias de diferentes actividades antropoxénicas sobre o medio ambiente.
  • Coñecer as principais disposicións legais a nivel español e europeo en materia de lexislación ambiental.
  • Comunicar a necesidade de establecer melloras ambientais nos procesos produtivos.
  • Transmitir coñecementos no ámbito da xestión ambiental.
  • Aportar solucións para a redución/eliminación de impactos ambientais na produción industrial.

Podedes obter máis información neste enlace

Xestión Ambiental. Curso.

Curso en Xestión Ambiental. Universidad Isabel I de Castilla e Soluciencia.

.

Protexer o medio ambiente é unha cuestión de todos porque todos nos beneficiamos dun entorno saudable.

Agardámosvos.

Boas festas!!!

Nadal; París con Neve.

O parque das Tullerías con neve

Nova ISO 14001

Recentemente publicouse a nova versión da Norma ISO 14001. Dita norma certifica os sistemas de xestión ambiental nas empresas; estes sistemas de xestión son unha opción moi válida non só para garantir o respecto ao medio ambiente na súa actividade cotiá; ademais son útiles para mellorar a imaxe da empresa, dado o grao cada vez maior de concienciación da sociedade con respecto ao medio ambiente. Esta tendencia social inflúe no consumidor final e tamén a nivel empresarial; as empresas que implantan estes sistemas de xestión tenden a pedir (ou esixir) aos seus provedores que tamén os implanten e, moito máis, no caso de empresas que opten a licitacións públicas, xa que a Administración Pública promove estas actitudes.

Por outra banda, os sistemas de xestión tamén poden ser enfocados como vehículos para a redución de custes (mellora de eficiencia, redución de consumo, diminución do importe de pólizas de seguros…).

Soluciencia ofrece os seguintes servizos:

  • Implantación de sistemas de xestión segundo criterios de la Norma ISO 14001
  • Auditorías ambientais
  • Formación

    Soluciencia: ISO 14001

    ISO 14001: vantaxes da súa implantación nas empresas

Novas actividades de formación de Soluciencia

Unha das actividades de Soluciencia céntrase na formación e divulgación de coñecementos a distintos niveis: colexios, empresas, universidades… Unha boa formación é un dos cimentos do desenvolvemento das sociedades e, en consecuencia, da xeración de coñecemento.

Antonio Rodríguez, consultor sénior de Soluciencia foi contratado pola Universidade Isabel I de Castilla como profesor adxunto en Graos e Mestrados.

No Grao de Nutrición Humana e Dietética, desenvolverá as súas funcións na materia Métodos Estatísticos para a Investigación, correspondente ao 2º curso do Grao. O estudante poderá familiarizarse coas técnicas de análise estatística dos resultados da investigación, a análise crítica dos artigos de investigación e o uso de diferentes técnicas estatísticas relevantes no caso da Nutrición Humana e a Dietética.

Por outra banda, no Mestrado en Educación Secundaria, o seu labor docente se inclúese en dúas materias.

  •  Deseño curricular; o estudante comprende a importancia da implantación de actividades e técnicas formativas e de avaliación adecuadas, o que se plasmará no desenvolvemento de proxectos educativos axeitados con programación e deseño de actividades apropiadas.
  • Formación: actividad formativa de Soluciencia con la Universidad Isabel I

    Líneas de colaboración docente entre Soluciencia y la Universidad Isabel I

    Iniciación á Investigación Educativa en Física e Química; o estudante asenta coñecementos en investigación educativa: procedementos de recollida e avaliación de datos, realización de traballos de investigación educativos e familiarización cos procesos relacionados. Ademais, coñecerá os principais recursos en innovación educativa.

SOLUCIENCIA: Traballos Fin de Mestrado.

A Educación é a base do crecemento cultural e científico dunha sociedade; unha boa formación dos estudantes garante o progreso, o benestar social, os avances en Ciencia, o desenvolvemento cultural… Toda unha serie de parámetros que constitúen a esencia da convivencia e o funcionamento dun país, as súas institucións e, en definitiva, a sociedade que o define. Polo tanto, o profesorado nas etapas iniciais e medias do proceso educativo exerce un labor crucial á hora de potenciar o desenvolvemento de coñecementos, aptitudes, responsabilidades e actitudes dos ciudadáns.

A transmisión de coñecementos e o desenvolvemento de capacidades que convertan aos  alumnos de hoxe en cidadáns produtivos de mañá require unhas boas capacidades de formación por parte dos profesores. Así, a Universidade Isabel I de Castilla, con sede en Burgos, inclúe na súa oferta formativa o Mestrado en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.

Antonio Rodríguez, consultor sénior de Soluciencia, dirixiu 10 traballos fin de mestrado na especialidade de Física e Química; así, supervisou traballos que incluían o desenvolvemento de Programacións Didácticas ou a proposta de Boas Prácticas para a impartición de tales materias; trátase de desenvolver propostas metodolóxicas e curriculares adaptadas aos tempos que veñen, que convertan ao alumno no impulsor da súa propia aprendizaxe e que promovan a adquisición de competencias que vaian máis alá da memorización de conceptos.

Soluciencia forma. Soluciencia cumpre.

Dirección de Traballos Fin de Mestrado para a Universidade Isabel I.

Soluciencia-Universidade Isabel I

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

O Medio Ambiente é o ámbito no que se desenvolve a vida. Polo tanto, é importante a implicación de todos na súa conservación, porque o seu deterioro inflúe drásticamente nas nosas condicións de vida. Problemas como a chuvia ácida, o deterioro da capa de ozono ou o efecto invernadoiro son moi coñecidos  e vémonos afectados por eles… pero ¿nos implicámonos para contribuír a diminuír ou eliminar os seus efectos?

Cada un de nós pode facelo atendendo ao consumo de enerxía (a súa produción orixina gases de efecto invernadoiro) xestión de residuos (a reciclaxe diminúe as emisións por fabricación de novos produtos ou tratamento de residuos) o uso de produtos ambientalmente respectuosos (produtos de limpeza, fertilizantes)…

As empresas e organizacións poden contribuír tamén a mellorar o contorno mediante unha correcta xestión ambiental das súas emisións, residuos, verquidos… Todo isto pode abordarse correctamente mediante sistemas de xestión ambiental certificados segundo a norma ISO 14001 ou o Regulamento EMAS.

Soluciencia ofrece solucións en materia de formación, implantación de sistemas de xestión, investigación (tratamento de residuos, eficiencia de procesos), eficiencia enerxética…

Soluciencia cumpre.

Soluciencia Fai a súa presentación.

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, Soluciencia presenta as súas proposta

NOVA LEXISLACIÓN: RESIDUOS SANITARIOS.

O pasado 1 de abril aparecía publicado no DOG o decreto 38/2015, de residuos sanitarios de Galicia.

Dito decreto aplica aos residuos producidos como consecuencia de actividades como tratamentos médicos (hospitais, centros de saúde, ambulatorios, clínicas…), análises clínicas, centros xerontolóxicos, clínicas odontolóxicas, establecementos de tatuaxe e piercing, clínicas veterinarias…

Con esta disposición, derógase a lexislación vixente ata o momento, co que todos os centros nos que se realizan as actividades mencionadas terán que adaptarse á  nova situación.

Soluciencia ofrece os servizos necesarios para afrontar esta adaptación: revisión da situación actual, plans de xestión interna de residuos, estudos de minimización e todo o necesario para a posta ao día en xestión de residuos sanitarios. Tamén ofrece actividades formativas para dar a coñecer os novos requirimentos legais.

Soluciencia cumpre.

Xestión interna de residuos sanitarios.

Distintos almacenamentos de residuos sanitarios.

Soluciencia continúa a ofrecer solucións

Soluciencia segue a ofrecer solucións no ámbito da Xestión Ambiental, I+D+i, Prevención de Riscos Laborais, Formación…

También aporta solucións á hora de realizar informes periciais, tramitació

I+D, Xestión Ambiental, Prevención de Riscos, Formación

Solucións que oferta Soluciencia

n de subvencións, permisos, licenzas…

CAMBIOS LEXISLATIVOS: DIFUSIÓN E FORMACIÓN.

O Boletín Oficial do Estado do 21 de febreiro de 2015 recolle a publicación do Real Decreto 110/2015, sobre residuos de aparatos eléctricos e electrónicos.

Dito Real Decreto recolle disposicións sobre os seguintes ámbitos, entre outros:

·         Responsabilidade de produción e xestión de Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos (RAEE).

·         Introdución no mercado de AEE.

·         Prevención na xeración de RAEE.

·         Recollida.

·         Tratamento.

·         Traslado.

·         Responsabilidades.

·         Inspección e control.

Como parte das súas tarefas cotiás Soluciencia ofrece accións formativas relacionadas con este Real Decreto, orientadas a empresas, asociacións de empresarios, concellos, entidades culturais… Por suposto, ademais de cumprir coas disposicións legais vixentes, é importante tamén coñecer as consecuencias dun tratamento inadecuado de residuos, xa que un deterioro nas condicións ambientais inflúe sobre as condicións de vida e a saúde das persoas.

Soluciencia pón o coñecemento ao servizo da xente.

Presentación do Real Decreto 110/2015

Real Decreto 110/2015