NOVA LEXISLACIÓN: RESIDUOS SANITARIOS.
O pasado 1 de abril aparecía publicado no DOG o decreto 38/2015, de residuos sanitarios de Galicia.
Dito decreto aplica aos residuos producidos como consecuencia de actividades como tratamentos médicos (hospitais, centros de saúde, ambulatorios, clínicas…), análises clínicas, centros xerontolóxicos, clínicas odontolóxicas, establecementos de tatuaxe e piercing, clínicas veterinarias…
Con esta disposición, derógase a lexislación vixente ata o momento, co que todos os centros nos que se realizan as actividades mencionadas terán que adaptarse á nova situación.
Soluciencia ofrece os servizos necesarios para afrontar esta adaptación: revisión da situación actual, plans de xestión interna de residuos, estudos de minimización e todo o necesario para a posta ao día en xestión de residuos sanitarios. Tamén ofrece actividades formativas para dar a coñecer os novos requirimentos legais.
Soluciencia cumpre.


Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!