CAMBIOS LEXISLATIVOS: DIFUSIÓN E FORMACIÓN.
O Boletín Oficial do Estado do 21 de febreiro de 2015 recolle a publicación do Real Decreto 110/2015, sobre residuos de aparatos eléctricos e electrónicos.
Dito Real Decreto recolle disposicións sobre os seguintes ámbitos, entre outros:
· Responsabilidade de produción e xestión de Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos (RAEE).
· Introdución no mercado de AEE.
· Prevención na xeración de RAEE.
· Recollida.
· Tratamento.
· Traslado.
· Responsabilidades.
· Inspección e control.
Como parte das súas tarefas cotiás Soluciencia ofrece accións formativas relacionadas con este Real Decreto, orientadas a empresas, asociacións de empresarios, concellos, entidades culturais… Por suposto, ademais de cumprir coas disposicións legais vixentes, é importante tamén coñecer as consecuencias dun tratamento inadecuado de residuos, xa que un deterioro nas condicións ambientais inflúe sobre as condicións de vida e a saúde das persoas.
Soluciencia pón o coñecemento ao servizo da xente.


Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!