Entries by Antonio Manuel Rodríguez Castro

Certificado de profesionalidade: Xestión Ambiental.

A sociedade amosa un interese crecente no respecto ao medio ambiente, o que se manifesta en determinadas esixencias, tanto ás empresas fabricantes dos produtos que consomen coma aos lexisladores. Así, temos o exemplo de diferentes tratados internacionais e lexislación derivada cuxas orixes se sitúan nos cambios de hábitos de consumo relacionados con parámetros ambientais. En […]

Curso: Experto en Xestión Ambiental.

Este título está dirixido a investigadores, docentes, técnicos ambientais e aqueles traballadores freelance interesados en orientar a súa práctica profesional cara a esta materia. Trátase dunha colaboración entre a Universidade Isabel I de Castilla e Soluciencia. Tamén poderán acceder aqueles estudantes que obtiveran o seu grao no estranxeiro, se este equivale a algún título oficial […]

Nova ISO 14001

Recentemente publicouse a nova versión da Norma ISO 14001. Dita norma certifica os sistemas de xestión ambiental nas empresas; estes sistemas de xestión son unha opción moi válida non só para garantir o respecto ao medio ambiente na súa actividade cotiá; ademais son útiles para mellorar a imaxe da empresa, dado o grao cada vez […]

Novas actividades de formación de Soluciencia

Unha das actividades de Soluciencia céntrase na formación e divulgación de coñecementos a distintos niveis: colexios, empresas, universidades… Unha boa formación é un dos cimentos do desenvolvemento das sociedades e, en consecuencia, da xeración de coñecemento. Antonio Rodríguez, consultor sénior de Soluciencia foi contratado pola Universidade Isabel I de Castilla como profesor adxunto en Graos […]

SOLUCIENCIA: Traballos Fin de Mestrado.

A Educación é a base do crecemento cultural e científico dunha sociedade; unha boa formación dos estudantes garante o progreso, o benestar social, os avances en Ciencia, o desenvolvemento cultural… Toda unha serie de parámetros que constitúen a esencia da convivencia e o funcionamento dun país, as súas institucións e, en definitiva, a sociedade que […]

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

O Medio Ambiente é o ámbito no que se desenvolve a vida. Polo tanto, é importante a implicación de todos na súa conservación, porque o seu deterioro inflúe drásticamente nas nosas condicións de vida. Problemas como a chuvia ácida, o deterioro da capa de ozono ou o efecto invernadoiro son moi coñecidos  e vémonos afectados […]

NOVA LEXISLACIÓN: RESIDUOS SANITARIOS.

O pasado 1 de abril aparecía publicado no DOG o decreto 38/2015, de residuos sanitarios de Galicia. Dito decreto aplica aos residuos producidos como consecuencia de actividades como tratamentos médicos (hospitais, centros de saúde, ambulatorios, clínicas…), análises clínicas, centros xerontolóxicos, clínicas odontolóxicas, establecementos de tatuaxe e piercing, clínicas veterinarias… Con esta disposición, derógase a lexislación […]

CAMBIOS LEXISLATIVOS: DIFUSIÓN E FORMACIÓN.

O Boletín Oficial do Estado do 21 de febreiro de 2015 recolle a publicación do Real Decreto 110/2015, sobre residuos de aparatos eléctricos e electrónicos. Dito Real Decreto recolle disposicións sobre os seguintes ámbitos, entre outros: ·         Responsabilidade de produción e xestión de Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos (RAEE). ·         Introdución no mercado de […]