Entries by Antonio Manuel Rodríguez Castro

SOLUCIENCIA: solucións.

SOLUCIENCIA ofrece solucións en diferentes ámbitos: Investigación: obtención de novos produtos, posta en marcha e mellora de procesos industriais… Xestión ambiental: implantación de sistemas de xestión, estudos de impacto ambiental… Prevención de riscos laborais: identificación e xestión de riscos. Seguridade, hixiene e ergonomía. Formación.  Cursos en diferentes áreas: medio ambiente, eficiencia enerxética, riscos laborais… Informes […]

SOLUCIENCIA: Formación.

SOLUCIENCIA oferta actividades de formación en diferentes ámbitos; ditas actividades formativas oriéntanse fundamentalmente a empresas e colectivos de distintos sectores. Na área medioambiental, SOLUCIENCIA propón módulos formativos tan interesantes como a Agricultura Ecolóxica, os Sistemas de Xestión da Enerxía ou o Ecoturismo. SOLUCIENCIA deseña e imparte, ademais, actividades formativas de acordo coas necesidades do solicitante: […]

Traballo de investigación finalizado.

SOLUCIENCIA vén de rematar un novo traballo de investigación. Trátase do estudo da obtención de óxido de calcio a partir de cuncha de mexillón. Dito trabajo realizouse para a empresa AGROAMB, adicada á xestión de biosólidos e elaboración de enmendas e abonos orgánicos.

Soluciencia: I+D

Na actividade cotiá de calquera empresa xorden continuamente novas necesidades de mellora de calidade de produto, de eficiencia na produción, de aplicación de novas técnicas ou materias primas, de desenvolvemento de novos produtos… Soluciencia dá resposta a todas estas necesidades: mellora de proceso, obtención de novos produtos, mellora de produto, solucións de eficiencia enerxética. A […]

Produtos ecolóxicos: demanda crecente.

Unha das tendencias sociais máis marcadas na actualidad é o control da alimentación. Desta tendencia nace o interese e a demanda de produtos ecolóxicos (froitas, cereais, carnes, lácteos, mel…). Isto abre tamén nichos de mercado a produtores que queiran acceder a estes clientes. Soluciencia aporta solucións neste ámbito, informando sobre as diferentes etapas a seguir, […]

Na procura de novos fármacos.

Estructuras moleculares de dous compostos preparados por Antonio Rodríguez durante a súa etapa na Universidade da Coruña (UDC). Trátase de dous complexos ciclometalados de platino; o obxectivo é el atopar novos fármacos con potencial actividade antitumoral e menos efectos secundarios cós fármacos tradicionais.

Experiencia en investigación e xestión ambiental

Resultados dun proceso de reciclaxe de cuncha de mexilón desenvolvido por Antonio Rodríguez, fundador e consultor en Soluciencia. Este proceso foi patentado a nivel español e europeo e permite obter carbonato de calcio (con diferentes purezas) e sal común, viable para uso alimentario. O carbonato ten aplicacións na fabricación de cementos, pensos para aves, pinturas, medicina… […]