Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O teu consentimento para estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. Non dar o teu consentimento ou retiralo pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Certificado de profesionalidade: Xestión Ambiental.
/by Antonio Manuel Rodríguez CastroA sociedade amosa un interese crecente no respecto ao medio ambiente, o que se manifesta en determinadas esixencias, tanto ás empresas fabricantes dos produtos que consomen coma aos lexisladores. Así, temos o exemplo de diferentes tratados internacionais e lexislación derivada cuxas orixes se sitúan nos cambios de hábitos de consumo relacionados con parámetros ambientais.
En consecuencia, as empresas teñen en consideración a interacción ambiental dos seus produtos á hora da súa fabricación, uso e posterior xestión ao final da súa vida útil. Ademais desta perspectiva baseada no mantemento e evolución da súa actividade económica, vese reforzada pola promulgación de novas disposicións legais en materia de medio ambiente.
Polo tanto, a xestión ambiental pasou a ser unha parte máis da xestión da empresa, en cuxo seo debe incluírse e non formar parte dunha actividade illada, xa que toda actividade relacionada coa empresa ten, dunha ou outra maneira, repercusións ambientais.
Queda claro, xa que logo, que é necesaria a intervención de profesionais coa formación axeitada para implantar e manter unha correcta xestión ambiental e, por suposto, esta actividade pasa a ser unha posible oportunidade de traballo.
Soluciencia, con ampla experiencia en xestión ambiental e no deseño de actividades formativas, ofrece actividades que garanten unha correcta formación neste eido, ademais de aumentar as posibilidades de emprego.
Xestión Ambiental. Cangas do Morrazo.
Curso: Experto en Xestión Ambiental.
/by Antonio Manuel Rodríguez CastroEste título está dirixido a investigadores, docentes, técnicos ambientais e aqueles traballadores freelance interesados en orientar a súa práctica profesional cara a esta materia. Trátase dunha colaboración entre a Universidade Isabel I de Castilla e Soluciencia.
Tamén poderán acceder aqueles estudantes que obtiveran o seu grao no estranxeiro, se este equivale a algún título oficial español e se acreditan, ademais, como mínimo, un nivel B1 en castelán.
Os obxectivos básicos deste curso céntranse na xestión ambiental, enfocada dende o punto de vista científico, económico e lexislativo. Trátase de que os alumnos sexan capaces de:
Podedes obter máis información neste enlace
Curso en Xestión Ambiental. Universidad Isabel I de Castilla e Soluciencia.
.
Protexer o medio ambiente é unha cuestión de todos porque todos nos beneficiamos dun entorno saudable.
Agardámosvos.
Boas festas!!!
/by Antonio Manuel Rodríguez CastroO parque das Tullerías con neve
Nova ISO 14001
/by Antonio Manuel Rodríguez CastroRecentemente publicouse a nova versión da Norma ISO 14001. Dita norma certifica os sistemas de xestión ambiental nas empresas; estes sistemas de xestión son unha opción moi válida non só para garantir o respecto ao medio ambiente na súa actividade cotiá; ademais son útiles para mellorar a imaxe da empresa, dado o grao cada vez maior de concienciación da sociedade con respecto ao medio ambiente. Esta tendencia social inflúe no consumidor final e tamén a nivel empresarial; as empresas que implantan estes sistemas de xestión tenden a pedir (ou esixir) aos seus provedores que tamén os implanten e, moito máis, no caso de empresas que opten a licitacións públicas, xa que a Administración Pública promove estas actitudes.
Por outra banda, os sistemas de xestión tamén poden ser enfocados como vehículos para a redución de custes (mellora de eficiencia, redución de consumo, diminución do importe de pólizas de seguros…).
Soluciencia ofrece os seguintes servizos:
ISO 14001: vantaxes da súa implantación nas empresas
Novas actividades de formación de Soluciencia
/by Antonio Manuel Rodríguez CastroUnha das actividades de Soluciencia céntrase na formación e divulgación de coñecementos a distintos niveis: colexios, empresas, universidades… Unha boa formación é un dos cimentos do desenvolvemento das sociedades e, en consecuencia, da xeración de coñecemento.
Antonio Rodríguez, consultor sénior de Soluciencia foi contratado pola Universidade Isabel I de Castilla como profesor adxunto en Graos e Mestrados.
No Grao de Nutrición Humana e Dietética, desenvolverá as súas funcións na materia Métodos Estatísticos para a Investigación, correspondente ao 2º curso do Grao. O estudante poderá familiarizarse coas técnicas de análise estatística dos resultados da investigación, a análise crítica dos artigos de investigación e o uso de diferentes técnicas estatísticas relevantes no caso da Nutrición Humana e a Dietética.
Por outra banda, no Mestrado en Educación Secundaria, o seu labor docente se inclúese en dúas materias.
Líneas de colaboración docente entre Soluciencia y la Universidad Isabel I
Iniciación á Investigación Educativa en Física e Química; o estudante asenta coñecementos en investigación educativa: procedementos de recollida e avaliación de datos, realización de traballos de investigación educativos e familiarización cos procesos relacionados. Ademais, coñecerá os principais recursos en innovación educativa.