Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O teu consentimento para estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. Non dar o teu consentimento ou retiralo pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Posgrao en Xestión ambiental
/by Antonio Manuel Rodríguez CastroEste título está dirixido a investigadores, docentes, técnicos ambientais e aqueles traballadores freelance interesados en orientar a súa práctica profesional cara a esta materia. Trátase dunha colaboración entre a Universidade Isabel I de Castilla e Soluciencia.
Tamén poderán acceder aqueles estudantes que obtiveran o seu grao no estranxeiro, se este equivale a algún título oficial español e se acreditan, ademais, como mínimo, un nivel B1 en castelán.
Os obxectivos básicos deste curso céntranse na xestión ambiental, enfocada dende o punto de vista científico, económico e lexislativo. Trátase de que os alumnos sexan capaces de:
Podedes obter máis información neste enlace
Curso en Xestión Ambiental. Universidad Isabel I de Castilla e Soluciencia.
Protexer o medio ambiente é unha cuestión de todos porque todos nos beneficiamos dun entorno saudable.
Agardámosvos.
Día Mundial do Medio Ambiente
/by Antonio Manuel Rodríguez CastroDefínese a Biosfera como o conxunto de seres vivos e os medios nos que se desenvolve a súa actividade vital. Polo tanto, establécense interaccións tanto entre os organismos coma co entorno… Non hai que esquecer que a especie humana é unha máis das que constitúen a Biosfera e, xa que logo, a interacción que mantén co medio ambiente vai ter influencia, tanto sobre o entorno como sobre os organismos vivos, o que inclúe tamén, por suposto, ao xénero humano…
A interacción co medio natural ten consecuencias inmediatas e que permanecen no tempo e, moitas veces, a longa distancia. Lembremos que os xeos de Groenlandia conteñen restos de pesticidas que se usan a miles de kilómetros do xeo artico. Logo, imponse a necesidade do respecto ao medio ambiente, dado que o seu alarmante deterioro está causando graves problemas: cambio climático, acumulación de residuos, esgotamento de recursos… que, ademais das consecuencias sobre os medios físicos e biolóxicos, tamén repercute sobre a economía: encarecemento de materias primas, custes de xestión ambiental, incremento do gasto sanitario e outras moitas consecuencias de natureza moi variada.
SOLUCIENCIA trata de contribuír a reducir a interacción da actividade empresarial co entorno mediante a realización de estudos de minimización de impacto, investigación sobre liñas de melloras do comportamento ambiental, formación e prevención da contaminación, produción ecolóxica…
No Dia Mundial do Medio Ambiente, SOLUCIENCIA únese ás demandas de protección do entorno… Por todo e por todos…
Vista da ría de Noia dende a praia da Arnela (Porto do Son, A Coruña)
Día mundial da auga
/by Antonio Manuel Rodríguez CastroO 70% do planeta Terra é auga; sen embargo, é un recurso moi escaso. A cantidade de auga dispoñible para uso directo é mínima; a maior parte dela está nos océanos e mares e a súa salinidade no permite o seu uso directo. Outra gran cantidade da auga presente no planeta forma parte dos casquetes polares e os glaciares, polo que tampouco é posible un aproveitamento en primeira instancia. Tendo en conta estes feitos, unicamente dispoñemos dun 0,5 % da auga (superficial ou subterránea) para poder utilizala sen ningún outro paso intermedio. Isto debería darnos unha idea da importancia de coidar este recurso e esforzarnos en diferentes ámbitos:
É esencial, polo tanto, a adquisición dunha conciencia social sobre a importancia deste recurso natural e a súa fraxilidade.
Soluciencia ofrece a posibilidade de realizar estudos para optimizar o seu consumo en actividades de diferentes áreas (industrias, servizos…) a implantación de tratamentos depurativos adecuados e a procura de alternativas que melloren ditos tratamentos. Tamén desenvolve actividades formativas que promoven un uso adecuado deste recurso: formación en centros de educación, empresas, entidades sen ánimo de lucro, asociacións…
Soluciencia; solucións.
O río Tambre ao seu paso polo concello de Trazo, preto de Santiago de Compostela.
Residuos: xestión e eficiencia.
/by Antonio Manuel Rodríguez CastroA xestión dos residuos supón unha tarefa de vital importancia de cara a manter un medio ambiente en condicións saudables, algo que repercute sobre todos nós.
Esta xestión, ademais de minimizar o impacto ambiental dos residuos, debe enfocarse cara a un procedemento de tratamento que permita un aproveitamento dos residuos (reciclaxe) e que non supoña un consumo excesivo de recursos naturais.
As pilas son uns potencias axentes contaminantes de gran capacidade lesiva sobre o medio ambiente.
Polo tanto, imponse a necesidade de investigar para mellorar os tratamentos existentes e desenvolver novos procesos pensando en residuos que actualmente non se xestionan ou en novos residuos que aparecerán como consecuencia das novas necesidades produtivas e de consumo.
Soluciencia investiga, procurando melloras nos procesos existentes e desenvolvendo novos procesos de cara a obter liñas de tratamento eficientes, económicas e saudables.
Actualmente, Soluciencia dirixe un proceso para optimizar a xestión de catro liñas de residuos perigosos.
Soluciencia é investigación e eficiencia.
Boas Festas!!!
/by Antonio Manuel Rodríguez CastroSoluciencia deséxalles aos seus clientes e amigos un Bo Nadal e un próspero ano novo.