Día Mundial do Medio Ambiente
Defínese a Biosfera como o conxunto de seres vivos e os medios nos que se desenvolve a súa actividade vital. Polo tanto, establécense interaccións tanto entre os organismos coma co entorno… Non hai que esquecer que a especie humana é unha máis das que constitúen a Biosfera e, xa que logo, a interacción que mantén co medio ambiente vai ter influencia, tanto sobre o entorno como sobre os organismos vivos, o que inclúe tamén, por suposto, ao xénero humano…
A interacción co medio natural ten consecuencias inmediatas e que permanecen no tempo e, moitas veces, a longa distancia. Lembremos que os xeos de Groenlandia conteñen restos de pesticidas que se usan a miles de kilómetros do xeo artico. Logo, imponse a necesidade do respecto ao medio ambiente, dado que o seu alarmante deterioro está causando graves problemas: cambio climático, acumulación de residuos, esgotamento de recursos… que, ademais das consecuencias sobre os medios físicos e biolóxicos, tamén repercute sobre a economía: encarecemento de materias primas, custes de xestión ambiental, incremento do gasto sanitario e outras moitas consecuencias de natureza moi variada.
SOLUCIENCIA trata de contribuír a reducir a interacción da actividade empresarial co entorno mediante a realización de estudos de minimización de impacto, investigación sobre liñas de melloras do comportamento ambiental, formación e prevención da contaminación, produción ecolóxica…
No Dia Mundial do Medio Ambiente, SOLUCIENCIA únese ás demandas de protección do entorno… Por todo e por todos…

Vista da ría de Noia dende a praia da Arnela (Porto do Son, A Coruña)

Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!