Certificado de profesionalidade: Xestión Ambiental.
A sociedade amosa un interese crecente no respecto ao medio ambiente, o que se manifesta en determinadas esixencias, tanto ás empresas fabricantes dos produtos que consomen coma aos lexisladores. Así, temos o exemplo de diferentes tratados internacionais e lexislación derivada cuxas orixes se sitúan nos cambios de hábitos de consumo relacionados con parámetros ambientais.
En consecuencia, as empresas teñen en consideración a interacción ambiental dos seus produtos á hora da súa fabricación, uso e posterior xestión ao final da súa vida útil. Ademais desta perspectiva baseada no mantemento e evolución da súa actividade económica, vese reforzada pola promulgación de novas disposicións legais en materia de medio ambiente.
Polo tanto, a xestión ambiental pasou a ser unha parte máis da xestión da empresa, en cuxo seo debe incluírse e non formar parte dunha actividade illada, xa que toda actividade relacionada coa empresa ten, dunha ou outra maneira, repercusións ambientais.
Queda claro, xa que logo, que é necesaria a intervención de profesionais coa formación axeitada para implantar e manter unha correcta xestión ambiental e, por suposto, esta actividade pasa a ser unha posible oportunidade de traballo.
Soluciencia, con ampla experiencia en xestión ambiental e no deseño de actividades formativas, ofrece actividades que garanten unha correcta formación neste eido, ademais de aumentar as posibilidades de emprego.

Xestión Ambiental. Cangas do Morrazo.

Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!