Curso: Experto en Xestión Ambiental.
Este título está dirixido a investigadores, docentes, técnicos ambientais e aqueles traballadores freelance interesados en orientar a súa práctica profesional cara a esta materia. Trátase dunha colaboración entre a Universidade Isabel I de Castilla e Soluciencia.
Tamén poderán acceder aqueles estudantes que obtiveran o seu grao no estranxeiro, se este equivale a algún título oficial español e se acreditan, ademais, como mínimo, un nivel B1 en castelán.
Os obxectivos básicos deste curso céntranse na xestión ambiental, enfocada dende o punto de vista científico, económico e lexislativo. Trátase de que os alumnos sexan capaces de:
- Coñecer a orixe da contaminación ambiental e procesos que se orixinan a continuación.
- Coñecer as consecuencias de diferentes actividades antropoxénicas sobre o medio ambiente.
- Coñecer as principais disposicións legais a nivel español e europeo en materia de lexislación ambiental.
- Comunicar a necesidade de establecer melloras ambientais nos procesos produtivos.
- Transmitir coñecementos no ámbito da xestión ambiental.
- Aportar solucións para a redución/eliminación de impactos ambientais na produción industrial.
Podedes obter máis información neste enlace

Curso en Xestión Ambiental. Universidad Isabel I de Castilla e Soluciencia.
.
Protexer o medio ambiente é unha cuestión de todos porque todos nos beneficiamos dun entorno saudable.
Agardámosvos.

Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!